Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema Canción del Mar

Data: 
4/08/2023
Lugar: 
Paseo Fluvial

O Paseo Fluvial acollerá o venres,4 de agosto, ás 22.15 h a primeira proxección de cinema ao aire libre deste verán. Será da película "La Cancións del Mar" dirixida por Tomm Moore. 

Ben e Saoirse viven nun faro, na parte máis alta dunha pequena illa, co seu pai, que para protexelos dos perigos do mar envíaos a vivir coa súa avoa á cidade. Alí Ben descobre que a súa irmá pequena é unha Selkie, unha fada do mar, unha nena foca que coa súa canción pode liberar aos seres máxicos do sortilexio que lles fixo a Bruxa dos bufos. Nunha viaxe fantástica, Ben e Saoirse enfrontaranse a medos e perigos, e loitarán contra a Bruxa para axudar aos Seres Máxicos a recuperar o seu poder. A película está inspirada nas selkies, seres mitológicos do folclore irlandés que viven como focas no mar pero convértense en humanos ao saír á terra e desposuírse da súa pel.