Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema Encanto

Data: 
11/08/2023
Lugar: 
Paseo Fluvial

O Paseo Fluvial acollerá o venres, 11 de agosto, ás 22.15 h a proxección de "Encanto" dirixida por  Jared Bush e Byron Howard.

 

Encanto, de Walt Disney Animation Studios, conta a historia dos Madrigal, unha extraordinaria familia que vive nas remotas montañas de Colombia nunha casa máxica, nun pobo moi colorido, nun marabilloso e cativador lugar chamado Encanto. A maxia de Encanto concedeu a cada fillo da familia un don único, desde a superforza até o poder da sanación. Todos recibiron o seu don menos un deles: Mirabel. Pero cando descobre que a maxia que rodea Encanto está en perigo, Mirabel, a única normal e corrente da familia Madrigal, decide que ela podería ser a última esperanza da súa excepcional familia. A película presenta novas cancións do Lin-Manuel Miranda (Hamilton, Vaiana), gañador de premios Emmy®, GRAMMY® e Tony Award®, e está dirixida por Byron Howard (Zootrópolis, Enredados) e Jared Bush (codirector de Zootrópolis), codirixida por Charise Castro Smith (guionista de The Death of Eva Sofia Valdez) e producida por Clark Spencer e Yvett Merino.