Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición pictórica de Chuny Vázquez

Data: 
7/07/2023
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Este venres, 7 de xullo, terá lugar, ás 20.30 h, a inauguración da , unha referencia artística na comarca do Baixo Miño.

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio Francisco Sánchez, acolle do 7 ao 28 de xullo a exposición pictórica de Chuny Vázquez "“Un canto á cor, á vida”,

Nesta exposición Chuny Vázquez realiza un percorrido pola súa traxectoria artística a través de máis dunha trintena de cadros de diversas temáticas e técnicas.

 

O acto de inauguración o venres 7 'ás 20.30 h contará coa presentación do xornalista Ricardo Rodríguez e a interpretación de diversas pezas musicais pola cantautora guardesa María José Baz.

Para a concelleira Sonsoles Vicente Solla, a celebración desta exposición é unha “magnífica oportunidade para achegarse á produción de Chuny Vázquez que destaca pola calidade artística e pola calidade humana que transmite”.

O horario de visita será  de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 h.