Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IKFEM 2023

Data: 
20/07/2023
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

Do 20 ao 25 de xullo celébrase na Eurocidade Tui-Valença o IKFEM 2023.

O festival brindará 12 concertos de entrada libre nos que destaca o  de apertura cun piano flotante no río, ou a celebración  dos 70 anos de carreira de António Victorino d’ Almeida, haberá  unha estrea mundial e participarán artistas residentes da Fundación Alqvimia Musicae con música e videocreación. Amais volverá a celebrarse o Balcón do IKFEM e coma novidade o venres 21 na vella Ponte Internacional terá lugar o IKFEM Creativa.

Programación:

Xoves, 20 de xullo ás 20.30 h ES na praia da Mariña, no Paseo Fluvial

PIANO FLOTANTE DELPHINE COUTANT

Espectáculo flotante nun universo maxestoso: entre a mini ópera pop e a traxedia antiga, Fossilis Fulgor e a súa tripulación lévante nunha viaxe interestelar!

“Dous sistemas soalres” con Delphine Coutant, canción e piano, Daniel Trutet, violonchelo, Jenny Violleau, trombón.

Venres, 21 de xullo

Ás 11.00 h ES No Espazo Xove de Tui

Balcón IKFEM: IKFEM CREATIVA Talentos seleccionados

Ás 20.00 h ES na vella Ponte Internacional

IKFEM CREATIVA

Mostra do talento creativo e emprendedor da eurorrexión de Galicia e norte de Portugal. Creatividade, arte, gastronomía, experiencias son as claves de IKFEM CREATIVA que pretende dar visibilidade ao talento de ambos os lados do río Miño, tras a selección das propostas recibidas. O público poderá gozar de exhibicións, mostras, concertos e degustacións.

Ás 22.30 h ES no Jardim Municipal en Valença

ELLEN DE LIMA, RODRIGO & GUSTAVO ALMEIDA

Ellen de Lima, voz, Rodrigo Almeida, voz, Gustavo Almeida, voz e guitarra, Luan de Lima, batería, Nema Antunes, baixo e Edgar Vero, piano.

Entrada de balde ata completar aforo

Ellen de Lima, Rodrigo Almeida e Gustavo Almeida reúnense no espectáculo Encontro de Gerações. Nai e fillos fan fermosas alianzas en cancións dos seus traballos discográficos, así como relecturas da actualidade na voz de Rodrigo e Gustavo, e cancións actuais coa destacada voz de Ellen.  Dúas xeracións que unen Galicia, Portugal e Brasil. Tres historias de vida marcadas por unha paixón: a música.

Sábado, 22 de xullo

Ás 11.00 h ES No Espazo Xove de Tui

Balcón IKFEM: FUNDACIÓN ALQVIMIA MUSICAE Beatriz Rivas + Abraham Martinez

Ás 19.00 h ES na Praça da República, na Fortaleza de Valença

ANTÍA MUÍÑO

Entrada de balde ata completar aforo

Antía Muíño presenta no festival IKFEM o seu álbum debut Carta Aberta, que a posiciona como a gran revelación da nova canción galega, impoñendo un diálogo entre a canción alternativa de autor, o jazz vocal e a música tradicional galaicoportuguesa.

Antía Muíño, guitarra e voz e Miguel Arribas, teclado, saxo e frauta

Ás 22.30 h ES no Jardim Municipal de Valença

VICTORINO D’ALMEIDA, KATIA GUERREIRO, CREMILDA MEDINA

Entrada de balde ata completar aforo

70 Anos de Carreira – Mornas & Fados

Comeza cunha breve introdución de Miguel Leite encadrando o percorrido do mestre António Victorino d’Almeida na celebración dos seus 70 anos de carreira con este concerto sen fronteiras entre estilos musicais.

O mestre improvisará só ao piano e acompañará a Cremilda Medina con mornas e a Kátia Guerreiro con fados. Cremilda Medina e Kátia Guerreiro cantarán outros temas cos seus músicos e ao final actuarán todos, xunto a Victorino d’Almeida.

Miguel Leite, presentación, António Victorino d’Almeida, piano, Cremilda Medina, voz, Kátia Guerreiro, voz, Pedro Castro, guitarra portuguesa, André Ramos, viola de fado, Francisco Gaspar, viola baixo, Nando Andrade, piano, Djudjuty Alves, cavaquinho.

Domingo, 23 de xullo

Ás 11.00 h ES No Espazo Xove de Tui

Balcón IKFEM:  DE PIANO Victorino d’ Almeida

Ás 12.30 h ES na Praça da República de Valença.

NÉBOA

Entrada de balde ata completar aforo

O quinteto galego-portugués Néboa chega ao IKFEM no marco da xira de presentación de Fósforo, o seu último EP. Achegará novas cancións e un espectáculo no que o diálogo entre percusións como a marimba ou o vibráfono con sonoridades que van da electrónica, o jazz ou o pop alternativo crean un imaxinario absolutamente singular.

Susana Nunes, voz e sintetizadores, Lucas de Centi, voz, marimba, vibráfono, teclado,Tomás Porteiro, voz, guitarras e microkorg, Jacobo García Lafuente, baixo, Sandra Pérez, percusións, marimba, vibráfono.

Ás 19.00 h na Praça da República de Valença

ELEKTROFADAS 

O espectáculo Emocións Cativas é un concerto para familias. Vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. A duración é de aproximadamente 50 minutos.

No espectáculo as Elektrofadas viaxan a través da música por distintas emocións, utilizando como fío condutor a Árbore das Emocións. Nenos e nenas gozarán da música á vez que experimentan sobre as súas emocións, aprendendo a identificalas e xestionalas. Durante o concerto, as cancións se intercalan con historias e actividades, que permiten a participación activa dos espectadores.

Lucía Riveiros, Voz, teclado, arpa medieval e Sandra Fernández, teclado, zanfona

Ás 22.30 ES no Convento de Ganfei

FUNDACIÓN ALQVIMIA MUSICAE

Entrada de balde ata completar aforo

Lab-Oratorio: Improvisacións alquímicas para tempos incertos. Coa máquina sonora Prometheum, sintetizador de órganos históricos de tubos con sons de nova creación é posible, se as circunstancias son propicias, despregar todo un laboratorio sonoro cuxo fin principal é indagar na materia prima da nosa natureza divina.

Dalgunha maneira, os arquetipos da personalidade son diferentes cristalizacións dunha mesma materia inicial, que forman en nós diferentes xeometrizacións do noso ser. O son actúa como auga disolvente da estrutura ríxida arquitectónica cristalina e conformador dunha nova cristalización en función da vibración aplicada, non cambiando a natureza de cada cristal disolto, pero si podendo dar a luz unha construción menos ríxida e por tanto máis resistente aos impactos doutras realidades.

Abraham Martínez Fernández, teclas, Beatriz Rivas, creación visual, Alfonso Padilla, saxofón, Antonio Alcántara, percusión

Luns, 24 de xullo

Ás 11.00 h ES No Espazo Xove de Tui

Balcón IKFEM: DE CUBA A WAGNER Paolo Jucker + Dúo Moraguez

Ás 20.00 h ES na Catedral de Tui

ABRAHAM MARTÍNEZ

Entrada de balde ata completar aforo

RETABLO SONORO. IMPROVISACIÓNS HIEROFÁNICAS

A hierofanía é unha manifestación do sacro a través dunha realidade profana. A paisaxe, a natureza, a vida, os astros, a humanidade etc., todo iso é desde a experiencia individual e humana un claro exemplo da manifestación divina. Improvisacións que xorden da conversación íntima do organista co instrumento e o lugar, que poderán ser escoitadas como quen se achega a un lugar de oración e oe sen pudor a intimidade persoal que alí se manifesta.

Abraham Martínez Fernández, Órgano

Ás 22.30 h na Igrexa de San Domingos

PILAR & ARABEL MORÁGUEZ

Entrada de balde ata completar aforo

CANTARES DE CUBA

Concerto de música cubana con melodías, ritmos e ricas harmonías que lle cantan a esta fermosa illa caribeña, aos seus vales e ás súas montañas. Cantares de aves e flores, de melancolías, amores perdidos, amores soñados, nostalxias de lugares afastados, queridos e estrañados, ao vento cálido con cheiro a sal, a mango e a café dos seus compositores máis insignes.

Criollas, boleros, cancións, romanzas de zarzuela, cancións afrocubanas, sones, danzones e danzas para piano, un programa de concerto rico e colorido cun repertorio representativo do máis gravado da música tradicional cubana para dúo de voz e piano.

Pilar Moráguez, Soprano, Arabel Moráguez, Piano

Martes, 25 de xullo

Ás 11.00 h ES No Espazo Xove de Tui

Balcón IKFEM: CONEXIÓNS IBÉRICAS Axentes culturais da eurorrexión

Ás 19.00 h ES na Igrexa de San Domingos, Tui

DANIEL PEREIRA

Entrada libre ata completar aforo

SOLO BEETHOVEN

Bautizadas como O Novo Testamento do repertorio, as 32 sonatas para piano de Beethoven conforman un dos piares fundamentais da música e nas que o xenio alemán móstranos a súa evolución como compositor a través dunha constante transformación e experimentación. Estas creacións amósannos o virtuosismo e imaxinación do compositor como pianista, quen tamén era un fabuloso improvisador. O programa ofrece catro das sonatas máis famosas, compostas entre 1798 e 1806, e cuxos coñecidos títulos foron engadidos por diferentes editores. A sonata para piano foi o único xénero musical no que Beethoven traballou con certa constancia ao longo da súa vida.

Daniel Pereira, piano

Ás 22.00 h ES no Paseo da Corredoira

BANDA DE GAITAS ARUME DE MALVAS

Entrada libre ata completar aforo

PERCORRENDO CAMIÑOS

Percorrendo Camiños é un proxecto que nace da andadura da Banda de Gaitas Arume de Malvas, no cal se pretende plasmar as distintas influencias e experiencias adquiridas daqueles festivais nos que na súa curta andadura de nove anos ten participado.

Entre unha coidada selección de obras, podemos destacar unha Suite Bretona, que integra tres temas, un galego, un escocés e un bretón, ou por exemplo unha Marcha de Chirimías da Catedral de Tui.

Gaitas en si bemol e mi bemol, percusión tradicional e de media tensión (bombo e tambores), pandeiretas, pandeiros, percusión menor, set de percusións afro-latinas, acordeón, clarinete e zanfona.

Ás 22.30 h ES na Praza de San Fernando

FUNDACIÓN ALQVIMIA MUSICAE

Entrada libre ata completar aforo

EXPERIENCIA SOL INVICTUS

O Sol é o astro rei, adorado e personificado desde o principio dos tempos por todas as relixións antigas, que dunha ou outra maneira relacionaban este manancial de Luz cos principais protagonistas das súas crenzas. Sol Invencible é un percorrido músico-visual proxectado na fachada da Catedral de Tui, no que se manifestan diferentes momentos solares que, espellados no subconsciente colectivo, removeranos como entidade colectiva e individual.

Abraham Martínez, órgano, María Camps, soprano, Alfonso Padilla, saxofón, Antonio Alcántara, percusión e Beatriz Rivas, creación visual.