Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui en letras

Data: 
27/04/2023
Lugar: 
Tui

O programa Tui en Letras promovido polo Concello de Tui recolle un total de 14 actividades nos meses de abril, maio e xuño para a a dinamización cultural e promoción da lingua galega e as letras.

Programa:

  • Venres, 14 de abril, XIV edición de “Tui Le”. Nesta iniciativa promovida polas bibliotecas escolares de Tui e a Biblioteca Pública Municipal participaron  400 alumnos e alumnas.
  • Xoves, 27 de abril, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez coa presentación do libro de Samuel Ferro “Tierra de leyenda – El legado de Breogán”.
  • Mércores, 3 de maio, ás 18 h na Biblioteca Municipal será a quenda do espectáculo de contos “O eco das pedras” con Raquel Queizás. 
  • Mércores, 17 de maio, Día das Letras Galegas, celebrarase dende ás 11 h no Paseo da Corredoira a  XXIV Feira do Libro Galego, con 13 postos das librarías Iris e Nobel. 
    • Lectura do pregón a cargo da escritora tudense Beatriz de Saracho. Autores e autoras asinarán as súas obras.
    • Ás 12:00 h Títeres Viravolta presentará o seu espectáculo “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”.
    • Ás 18:30 h actuará o mago Samuel Ferro con “A maxia das letras”. 
  • Mércores,  24 de maio, ás 18 h na Biblioteca contacontos “O traxe novo do rei” con Tarabelos Teatro.
  • Venres,  9 de xuño, ás 19.30 h ruta literaria por Tui. Partirá dende a Biblioteca Municipal.
  • Martes, 20 de xuño, ás 18:00 h na Biblioteca Municipal de Tui encontro literario con Ledicia Costas e os clubs de lectura tudenses arredor do seu libro “Infamia”. 

Conmemoración do Aniversario dos Xogos Florais de Galicia

  •  Xoves, 22 de xuño ás 20 h no edificio Francisco Sánchez Xesús Alonso Montero ofrecerá a conferencia “Manuel Murguía e os Xogos Florais de Tui”.
  • Sábado, 24 de xuño ás 20 h na praza de Frómista  recital poético “Cántico dos topónimos esdrúxulos” de Pepe Caccámo e a música de Magdalena Gamallo.