Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

XVII Música no Claustro

Data: 
1/08/2023
Lugar: 
Catedral de Tui

Do 1 ao 7 de agosto celebrarase en Tui o XVII festival Música no Claustro. Contará cun programa de concertos de música clásica, músicas do mundo, flamenco e jazz baixo o lema "Concéntrica"

De forma paralela Música no Claustro convoca a terceira edición de RESONANCIAS 23, o foro profesional de instrumentos musicais con sede na Catedral de Tui. Celebrarase o mércores 2 e xoves 3 de agosto de 2023. O foro abrirase cunha conversa maxistral co mestre organeiro Gerard Grenzing, que será o punto de partida de  dúas intensas xornadas de reflexión e intercambios de experiencias a través de mesas redondas, talleres prácticos, presentacións e visitas profesionais que teñen por obxectivo pór en diálogo o sector artesanal con outras empresas, institucións e perfis profesionais claves na cadea de valor dos instrumentos musicais.

RESONANCIAS 23 é unha iniciativa da Fundación Pública Artesanía de Galicia comisariada por Samuel Diz, co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal, xunto a colaboración do Cabildo Catedralicio, da Dirección Xeral de Cultural da Xunta de Galicia e da Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Tui.

Programación 

  • Martes 1

    • Ás 20.30  h Toque manual de campás a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia

    • Ás 21.00 h Concerto de Davide Salvado

  • Mércores 2

    • Ás 18.45  h conferencia de Lucy Durán sobre a Kora

    • Ás 20.30 h Toque manual de campás a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia

    • Ás 21 h  Silvia Márquez Chulilla, concerto de órgano. Bach e partituras para órgano do arquivo da Catedral de Tui

  • Xoves 3 

    • Ás 20.30 h Toque manual de campás a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia

    • Ás 21 h Ballaké Sissoko. Kora (instrumento). Músicas de Mali

  • Venres 4 ás 21

    • Diego Casado. Bach e obras contemporáneas para marimba

  • Sábado 5 

    • De 11 h a 14 h na praza da Catedral  un equipo de investigación recolle na praza da Catedral de Tui os recordos, saberes ou experiencias daquelas persoas que teñan tocado as campás da súa parroquia, que lembren os toques do seu lugar ou que conserven calquera gravación, fotografía ou outro documento sobre o toque manual das campás.

    • Ás 21 h Irene Reig Trío. Jazz

  • Domingo 6 

    • Ás 21 h Niño Ruven. Fagot Flamenco

  • Luns 7 

    • Ás 20.30 h Toque manual de campás a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia

    • Ás 21 h Iria Folgado, óboe e cuarteto de corda con Raquel Areal, violín, Sara Areal,violín, Héctor Cámara, viola, e Iago Domínguez, violonchelo. Música de Cámara

Toda a información está accesible en https://www.musicanoclaustro.com