Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Curso de Formación de Adultos preparatorio das probas libres da ESO

Dende os Servizos Sociais do Concello de Tui promóvese un curso de formación de adultos preparatorio das probas libres para a obtención do graduado de Ensino Secundario Obrigatorio, ESO. As clases celébranse os luns de 17.30h a 19h e os mércores de 19.30h a 21h, na Área Panorámica. Comezou en marzo de 2017

Esta é a primeira ocasión en que se imparte en Tui un curso destas características grazas á achega realizada pola concellería de Servizos Sociais. Os participantes son seleccionadas a través dos Servizos Sociais Comunitarios. Esta iniciativa continuará de forma permanente incorporando novo alumnado cada curso, a medida que os participantes vaian aprobando as probas libres que celebran en xuño e setembro.

Áreas: 
Servizos Sociais