Acordo na mesa de negociación entre o goberno e os sindicatos no capítulo de persoal
Onte reuniuse no concello de Tui a mesa de negociación onde o goberno municipal e os sindicatos chegaron a un acordo sobre o capítulo de persoal.
Segundo o alcalde, Carlos Vázquez Padín, “chegouse a un acordo cos sindicatos para rectificar o capítulo 1 dos orzamentos e incrementalo en 82 mil euros”. Ao tempo explicou que se mantén o estudo da Relación de Postos de Traballo fóra do capítulo 1, por cuestións técnicas, que suporá un investimento na mellora da organización e os seus traballadores.
Logo deste acordo cos sindicatos, que o alcalde Carlos Vázquez Padín entendía que era importante para poder levar os orzamentos a pleno, nos próximos días remitirán no novo borrador dos intención é continuar até o pleno de marzo e aprobar os orzamentos. Nos próximos días remitirán o borrador aos grupos da oposición.