Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

18 persoas participan nun curso de Cociña Internacional do programa Actívate en Tui

10/12/2014

 

Mércores, 10 de decembro de 2014. Esta mañá comezou a impartirse no Centro de Formación do Concello de Tui en Tui un curso de Cociña Internacional ao abeiro do programa Actívate da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui.

 

Un total de 18 persoas participan nesta actividade que consta de dez sesións a impartir en horario matinal os días 10,12, 15, 17, 19 e 23 de decembro, e 12,13,14,e 15 de xaneiro.

 

A concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes, deu hoxe á benvida ao alumnado convidándoos a sacar o máximo aproveitamento desta actividade formativa.

 

Este curso do programa Actívate súmase ao impartido o pasado mes de novembro de xardinería no que participaron 22 persoas.