Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alfonso Rueda anunciou en Tui o inminente comezo das obras do novo Centro de Saúde de Tui

7/11/2014

 

O alcalde aproveitou a visita do vicepresidente da Xunta para darlle a coñecer otras necesidades do municipio coma un centro de día.

 

Venres, 7 de novembro de 2014. A construción do novo Centro de Saúde de Tui comezará de xeito inmediato. Así o anunciou este mediodía en Tui o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, quen sinalou que a próxima semana se asinará o contrato coa empresa adxudicataria e a continuación comezarán xa os traballos de construción. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este mediodía o Concello de Tui, onde foi recibido polo alcalde, Moisés Rodríguez, xunto ao membros do equipo de goberno, e acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra. José Manuel Cores Tourís.

 

Tras unha breve reunión na alcaldía  Alfonso Rueda e Moisés Rodríguez, xunto a concelleiros tudense, desprazáronse a distintos puntos da cidade para coñecer in situ os lugares para os que o alcalde solicitará investimentos á Xunta de Galicia coma a Glorieta de Vigo, ao final do Paseo da Corredoira, o Palco da Música, situado neste céntrico paseo, ou o actual centro de saúde para o que ao alcalde solicitará se converta en Centro de Día.

 

A visita rematou na parte traseira da Área Panorámica, onde se vai construír o novo Centro de Saúde de Tui cun investimento que supera o 4,1 millóns de euros.

 

Tamén se deu conta do investimento de 200 mil euros que se está a realizar na Praza de Abastos tudense para a súa mellora.