Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Anuncio de aprobación inicial da Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui

9/04/2024

Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui por acordo do Pleno de data 1 de abril de 2024, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Durante o devandito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa interesada na páxina web do Concello de Tui, na súa sede electrónica, así como no departamento de Secretaría do concello, en horario de 09:00 a 14:00 h, de luns a venres.

De presentarse reclamacións en prazo, resolveranse expresamente polo Pleno da Corporación. No caso de que non se tivese presentado ningunha reclamación, este acordo elevarase automaticamente a definitivo, entrando en vigor a ordenanza unha vez aprobada definitivamente e publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia e transcorrido o prazo ao que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei Reguladora das Bases do réxime Local.