Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Até o 18 de abril aberto o prazo de presentación de solicitudes para DepoTermal

22/03/2018

Até o 18 de abril está aberto o prazo para presentar as solicitudes para participar no programa DepoTermal promovido pola Deputación de Pontevedra e no que poden participar as persoas empadroadas en Tui, ou noutro concello da provincia de Pontevedra.

DepoTermal ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

O plan termal oferta dous programas:

  • Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos
  • Programa termal con pernoita

Tui é un dos concellos da provincia de Pontevedra que se suma ao plan mediante mediante un acordo de adhesión.

Entre os requisitos para poder participar están:

  • Estar empadroado/a na provincia de Pontevedra
  • Non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade
  • Ter nado antes do 1 de xaneiro de 1968, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá presentar unha fotocopia do certificado correspondente
  • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade
  • Precisar un respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.
  • No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.

As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos:

  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio
  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria

As persoas interesadas poden presentar a solicitude nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI/NIE.
  • Volante de empadroamento do ano en curso.
  • Certificado de pensións, só no caso de persoa solicitante/acompañante nacera no ano 1968 ou posterior e ter condición de pensionista de ser pensionista.
  • Certificado ou tarxeta acreditativa do recoñecemento do grao de discapacidade igual ou superior o 65% da persoa solicitante e acompañante, se procede.
  • Informe emitido polos servizos sociais comunitarios básicos que acredite a necesidade de respiro familiar da persoa solicitante e acompañante, se procede.