Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema e música no comezo no Verán Cultural en Tui

13/07/2018

Hoxe ás 22.30 ha praza de San Fernando proxéctase BigFoot. Mañá actuación  da Banda de Música Popular de Tui e domingo concerto solidario

Cinema e música marcan o inicio da programación do Verán Cultural en Tui.

O ciclo “Cinema no verán” comeza hoxe, venres 13 de xullo, as 22:30 na Praza de San Fernando coa proxección de  “El hijo de Bigfoot”.  A película de animación achéganos a historia dun adolescente, Adam, que vive a aventura da súa vida cando busca ao seu pai e descobre que é o lendario Bigfood, e que ademáis el mesmo ten poderes para falar cos animais. A película ten unha duración de 92 minutos e vai dirixida a todos públicos.

Este ciclo continuará o venres 27 de xullo ás 22:15 con “Cavernícola”, o 3 de agosto ás 22:15 coa proxección de “Coco” e o venres 24 de agosto ás 22h con “Ferdinand”.

Xa tanto mañá sábado coma o domingo a música será a gran protagonista.  Mañá ás 21.30h na praza de San Fernando a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá o primeiro dos tres concertos na rúa que ten previstos este verán.  O variado repertorio que interpretarán comezarán un cun pasodobre, para continuar con rapsodias galegas e portuguesas, pasando por outros temas de Nino Bravo ou Abba.

Mentres o domingo a cita será no Paseo Fluvial co concerto solidario organizado polas bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos. A entrada terá un prezo de 3€ e todo o recadado será destinado aos afectados pola explosión do pasado 23 de maio. Ás 21.30h actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui e logo as bandas de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei e San Xoán de Paramos. Previamente, dende ás 19h, haberá petiscos, bocadillos e bebida, para disfrutar dunha tarde solidaria na beira do río.