Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licitou a ampliación da estación de bombeo de augas residuais de Areas

4/12/2014

 

Mércores, 3 de decembro de 2014. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil procedeu á licitación do contrato de obras do "Proxecto de ampliación da estación de bombeo de augas residuais en Areas" en Tui cun orzamento base de licitación de 716.994,44 euros.

 

O prazo de presentación de solicitudes rematou o pasado 28 de novembro, o 18 de decembro terá lugar a apertura de ofertas técnicas e o 30 de xaneiro das ofertas económicas.  O contrato terá un prazo de execución de seis meses

 

Esta ampliación da estación de Bombeo en Areas impulsará cada a EDAR de Guillarei as augas residuais das parroquias tudenses de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas e do Parque empresarial de Areas.

 

Esta infraestrutura está plantexada para facer fronte ás necesidades actuais coma futuras de saneamento desta zona nun periodo de 20 a 25 anos.  Da mesma beneficiarase unha poboación de 2.989 persoas, que verán poderán chegar aos 3.939 e nun escenario futuro do ano 2036 podería chegar aos 5.216 habitantes.