Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal celebra pleno ordinario este xoves 27 ás 20 h

25/04/2023

A corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario este xoves, 27 de abril, ás 20 h, coa seguinte orde do día: 

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 2/2023 de data 14/03/2023.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 928/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 14/04/2023, de ratificación da resolución da Alcaldía nº 2023-0367, de data 22/03/2023, de prórroga do contrato do “Servizo de limpeza viaria do Concello de Tui”.

4º.- Expediente 942/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación eServizos Municipais, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 14/04/2023, de aprobación provisional do proxecto de modificación puntual do PXOM respecto do equipamento identificado como E-209 ADUANA-POLICIA FRONTERIZA.

5º.- Expediente 904/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/04/2023, de aprobación inicial de modificación puntual do PXOM no ámbito do Liceo Casino (E-159 A).

6º.- Expediente 317/2023. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 14/04/2023, de aprobación inicial da modificación puntual do PXOM para a reforma urbanística da zona de San Bartolomé.

7º.- Expediente 395/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/04/2023, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 21/03/2023, de concesión de bonificación de ICIO correspondente ás obras de "conservación e mantemento de cuberta" no inmoble sito na rúa Cuenca, 16.

8º.- Expediente 560/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/04/2023, proposta de Alcaldía, de data 14/04/2023, de desestimación do recurso de reposición con rexistro de entrada nº 30 de 05/01/2023 contra o acordo plenario de data 24/11/2022 en relación co activo PE-01042.

9º.- Expediente 545/2023. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/04/2023, de aprobación inicial da rectificación puntual do “Inventario Xeral e do Patrimonio do Concello de Tui” para a incorporación da parcela do “Torreiro de festas de Baldráns” e incorporación de parte da parcela expropiada pertencente a KIWI ESPAÑA S.A.

10º.- Expediente 2690/2022. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/04/2023, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/04/2023, de prestar conformidade ao texto do “Convenio entre la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil y el Ayuntamiento de Tui para la financiación, ejecución y entrega de las obras de mejora de la accesibilidad y recuperación ambiental del Río Caselas”.

11º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

12º.- Expediente 604/2023. Dación de conta do Plan Orzamentario 2024-2026 a medio prazo do Concello de Tui.

13º.- Expediente 270/2023. Dación de conta de información de execución trimestral do Orzamento Xeral 2022 - 4º trimestre. Comunicación información LO 2/2012.

14º.- Expediente 269/2023. Dación de conta de información sobre morosidade e PMP - 4º trimestre 2022.

15º.- Expediente 253/2023. Dación de conta do Decreto 2023-0157, de data 04/02/2023, que aproba a liquidación do orzamento do Concello de Tui para o ano 2022.

16º.- Expediente 1267/2022. Dación de conta da Resolución de autorización previa á desafectación do edificio da escola de Caldelas-Baños, do CRA Mestra Clara Torres, recibida da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionsal e Universidade (rexistro núm. 2023-E-RC-2802 de 30.03.2023).

17º.- Expediente 584/2020. Dación de conta do acordo da XGL de data 24/04/2023 de aprobación da concesión dos Premios Cidade de Tui 2023.

18º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de febreiro e marzo de 2023.

19º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 2023-0072, de 23/01/2023 ata o núm. 2023-0511, de 23/04/2023.

C) Rogos e preguntas:

20º.- Rogos e preguntas.

Convocatoria sesión plenaria nº 3/2023 de pleno ordinario do xoves, 27 de abril de 2023