Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Eme2 presenta o venres no Teatro Municipal a comedia “Meu ben”

12/11/2014

 

Martes, 11 de novembro de 2014. A vida de tres mulleres de tres xeracións sae a escena en "Meu ben" a obra que Eme2 representa este venres, ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui.

 

Álvaro Lavín dirixe a Rocío González, Elina Luaces e Mercedes Castro nun representación teatral baseada no texto de Elaine Murphy.

 

O espectáculo retrata a vida de tres mulleres dunha mesma familia, tres mulleres de clase media que viven un ano completamente extraordinario. A máis nova, Amber, acaba de rematar o instituto. A súa nai Lorraine ataca a un cliente no traballo polo que ten que visitar un "médico da cabeza" que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario.

 

A obra foi estreada en 2008 pola compañía Guna Nua, converténdose  rapidamente nun éxito. En 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Desde aquela leva cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.

 

As entradas para este espectáculo están á venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.

 

Eme2 con "Meu ben"

Data: Venres, 14 de novembro, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Duración: 90 minutos

Venda de entradas: venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 20h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 6€ e 4,5€.