Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A empresa “FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE será a responsable de construír o novo Centro de Saúde de Tui

6/11/2014

 

Mércores, 5 de novembro de 2014. A empresa "FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE" será a responsable de construír o novo Centro de Saúde de Tui. O prazo de execución do proxecto é de 14 meses e orzamento acada os 4.111.243,62€ IVE incluído. Así aparece publicado no día de hoxe, 5 novembro, no perfil do contratante da Xunta de Galicia.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da a coñecer a publicación da adxudicación do Centro de Saúde de Tui, saíndo así ao paso das declaracións do Partido Socialista que sinalou nos últimos días que adxudicataria da construción era a empresa "Cofely" implicada nunha trama de presunta corrupción.  O alcalde insiste en que a construción correrá a cargo de "FCC Construción SA y Construcciones Taboada y Ramos SL UTE" unha empresa que afirmaba comezará as obras o antes posible xa que lembraba que deben estar rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro de 2014.

 

Moisés Rodríguez lembrou que o novo Centro de Saúde de Tui é unha obra de interese xeral, demandada por todos os tudenses, e a máis importante dos últimos anos na cidade. Agarda que as obras comecen o antes posible, tras a concesión da licencia por parte da Xunta Local de Goberno a pasada semana.