Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En maio comezará a ampliación da Estación de Bombeo de Areas en Tui

29/04/2015

No mes de maio comezará a ampliación da Estación de Bombeo de Augas Residuais de Areas, en Tui. Así o contempla o convenio asinado entre Augas de Galicia, o Consorcio do Louro, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Tui.

Coa ampliación da Estación de Bombeo de Augas Residuais de Areas, que da servizo aos núcleos de Areas, Randufe, Pexegueiro, Malvas e ao Parque Empresarial de Areas, solucionarase o deficiente estado deste bombeo e a súa escasa capacidade, permitindo así o envío das augas vertidas ao aliviadeiro do mesmo á EDAR de Guillarei.

A empresa Abaldo C.Gral de Construcción S.A. resultou adxudicataria das obras por un importe de 455.286,70€ e un prazo de execución de seis meses. Está previsto que comecen na primeira quincena do mes de maio. Unha vez rematadas as obras corresponderá ao Consorcio do Louro a xestión, explotación, mantemento e conservación das obras.

O financiamento se realizará con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, dentro do Programa Operativo Galicia 2007-2013, e cos fondos nacionais precisos para confinanciar este fondo estrutural.  Deste xeito a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil aportará o 80% do investimento e Augas de Galicia o 20% restante.