Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta fin de semana Travesía por Terras Valencianas no programa de Andainas Saudables da Eurocidade

10/09/2014

 

Mércores, 10 de agosto de 2014. Esta fin de semana realizarase unha nova andaina do programa de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, que nesta edición percorrerá en dous días seguidos o municipio de Valença.

 

A distancia total destas dúas andainas será de 38 quilómetros, de dificultade moderada, sendo o punto de saída dende a Piscina Municipal de Valença, ás 10.00 horas españolas do sábado.

 

O prezo da inscrición para esta andaina será de 4€ e para aqueles que desexen xantar 7,5€, podendo durmir de xeito gratuíto no pavillón deportivo de Valença.

 

As inscricións poden facerse a través do facebook Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables ou no teléfono 00 351 934 440 770.