Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Este domingo celébrase, nas instalacións do club hípico Equigalia a 5ª fase da Liga Galega de saltos interclubs

7/07/2018

Agárdase unha alta participación con máis de 100 saídas á pista

Este domingo, 8 de xullo, terá lugar a 5ª Fase da Liga Galega de Saltos Interclubs nas instalacións do club hípico Equigalia, en Pexegueiro. As probas disputaranse de maior a menor, comezando por 1.10 metros, despois 1 metro, 0.80, 0.50 e cruzadas. Finalmente realizase unha proba de barras para os máis pequenos. A competición desenvolverase dende ás 11h ata ás 17h.

Esta Liga é unha iniciativa recente xa que é a primeira edición e se dirixe os clubs de base, as escolas de equitación do sur de Galicia. A pesar disto espérase unha alta participación con máis de 100 saídas a pista ao longo do día.  

Disputarase despois de terse que aprazar en dúas ocasión pola choiva. É a 5º xornada dun total de seis. Despois haberá unha final da que sairán os campións de cada modalidade.

A presentación tivo lugar esta mediodía a cargo do concelleiro de deportes Andrés Urseira e o presidente de Equigalia  Luís López nas instalacións do centro hípico.