Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase o II Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos a Flote organizado polo Club Náutico San Telmo

19/03/2015

 

Mércores, 18 de marzo, de 2015. Este domingo, 22 de marzo, a partir das 08.00 horas, nas instalacións do Club Náutico San Telmo, terá lugar a segunda edición do Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos a Flote, organizado polo propio club, en colaboración co Concello de Tui e a Asociación de Pesca Reo Miño.

 

O concurso comezará ás 08.00 horas, coa entrega dos dorsais aos participantes, sendo o inicio da xornada de pesca ás 08.30 horas. A entrega dos trofeos realizarase nas instalacións do Náutico San Telmo a partir das 17.30 horas.

 

As inscricións poderán realizarse ata o mesmo día do concurso, a través dos números de teléfono 986.602.464 ou no 657.875.716