Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado sae do Tui o II Ralli do Descubrimento coa participación de 33 vehículos clásicos

19/03/2015

 

Mércores, 18 de marzo, de 2015. Este sábado, 21 de marzo, o Concello de tui será o lugar de saída da segunda edición do Ralli do Descubrimento, organizado pola Escudería Vigo Clásicos, en colaboración co Concello de Tui. Trinta e tres vehículos de antes do ano 1970 concentraranse no Parador de Tui, entre as 09.30 e as 10.30, sendo o horario de saída a partir das 11.15 horas.

 

Compre destacar a participación de dous Hispano Suiza de 1926, de dous Cádillac, dun Bugatti T57, así como de varios modelos Mercedes e Porsche.

 

O ralli dividirase en dúas etapas, compostas por tres seccións en total. Os participantes sairán dende Tui percorrendo parte do municipio, dirixíndose a continuación ao concello de Tomiño, rematando a xornada no Parador de Baiona. O domingo 22, a proba partirá ás 11.00 horas, percorrendo o municipio de Gondomar e rematando a proba nas instalacións do IFEVI.