Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este sábado volve o Mercado da Verdura con produtos ecolóxicos á cárcere vella en Tui

8/01/2015

Xoves, 8 de xaneiro de 2015. Este sábado, 10 de xaneiro, volve o Mercado da Verdura á cárcere vella na rúa Sanz en Tui. Tras o paréntese da última fin de semana de decembro, os produtores ecolóxicos volverán pór á venda, entre ás 10 e ás 14h os seus produtos de temporada. Así haberá á venda cabazas, repolos, acelgas, pementos, cebolas, allos, nabos, pack choi...

 

Compre lembrar que o Mercado da Verdura está organizado polo Concello de Tui,o Foro Tude e Apega. Púxose en marcha a última fin de semana do mes de abril de 2014, e se celebra dende entón con carácter mensual cada segundo e último sábado de mes, co que o deste sábado será xa o mercado número 17 que se celebra.