Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ghazafelhos presenta este venres no Teatro Municipal de Tui “...3,2,1...”

6/11/2014

 

Xoves, 6 de novembrooutubro de 2014. O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 7 de novembro, ás 20h a representación da obra de teatro xestual "...3,2,1..." da man da compañía Ghazafelhos do Ferrol.

 

Pepablo Patiño é o autor e director da obra, e está tamén en escena xunto aos actores Montse Piñon e Jorge Casas. "...3,2,1..." é unha obra chea de tenrura e humor que conta o encontro entre un astronauta e unha extraterrestre nun planeta descoñecido. A convivencia lévaos a descubrir sentimentos que non sospeitaban ter.

 

As entradas para este espectáculo están á venda en http://www.culturatui.info/ ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.