Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Hoxe comeza a retirada de amianto e a descarga de forxados con restos de cubertas derruídas na zona cero

3/07/2018

Esta mañá comezaron os traballos de retirada do amianto e a descarga de forxados con cargas de cubertas derruídas na zona cero da explosión no barrio da Torre en Paramos, logo de que a xuíza autorizase  esta intervención o pasado venres. A empresa contratada polo Concello leva dende o pasado venres 22 realizando o desamiantado da zona afectada pola explosión comezando pola área máis lonxana e dende hoxe actuando xa na zona cero. Até o momento téñense recollido 24 toneladas de amianto que están ensacados e encapsulados.

Amais da retirada da uralita e doutros materiais contaminantes tamén se está a proceder á eliminación da carga entullos de cubertas derruídas sobre forxados, e a demolición daquelas estruturas que corren risco de desplome.