Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe preséntanse as actividades deportivas Festas de San Telmo 2015

7/04/2015

Hoxe martes, 7 de abril, ás 13.00 horas, no Salón de Sesións do Concello de Tui, terá lugar a presentación das actividades deportivas que se celebrarán nas Festas de San Telmo 2015, como son a Carreira Solidaria de San Telmo, o Trofeo Tenis na Rúa e o Trilho Saudable “Sra do Loreto”.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes de Tui, Antonio Castro, o presidente da Comisión de Festas de San Telmo, Francisco Javier Rodríguez, o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez, o responsable do Club Tenis Tui, Pablo García, así como o presidente de SOS Baixo Miño, José Quinteiro.