Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inauguración da exposición “Aquarte, unha mirada sobre o río Miño” na Sala Municipal de Exposicións

21/01/2015

 

Mércores, 21 de xaneiro de 2014. Este sábado, 24 de xaneiro, ás 20h, terá lugar na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica a inauguración da exposición "Aquarte, unha mirada sobre o río Miño". Trátase dunha mostra colectiva na que presentarán as súas obras os artistas galegos Tomás Camacho, Silverio Rivas, Enrique Maté, Antón Goyanes, José Luís Suárez, e os portugueses Henrique Silva, Henrique do Vale, Jorge Coelho e Agostinho Santos.  A exposición está organizada pola Fundaçao Bienal de Cerveira xunto co Concello de Tui. Poderá visitarse ata o 21 de febreiro de luns a venres de 9 a 13.30h e de 16 a 20.30h e os sábados de 9 a 14h.