Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Instalada unha redutora de presión no barrio de Areas por parte do Consorcio do Louro para reducir as perdas de auga

27/11/2017

O Consorcio do Louro prosegue a adoptar medidas co obxectivo de minimizar as perdas de auga que se viñan producindo.

En concreto a pasada semana  instalaron unha nova redutora de presión na zona da Baliña, en Areas, que permitirá reducir a elevada presión que soportaba unha parte do barrio de Areas e contribuirá a minimizar as perdas de auga por roturas ou fugas ocultas.

A medida súmase á instalación doutras dúas válvulas reductoras de presión para a rede do casco histórico de Tui, outra na rede de Salceda de Caselas e dúas nos polígonos industriais de O Porriño.

Explican dende o Consorcio que estas medidas para minimizar as perdas de auga nas súas redes, ten especial relevancia durante a fase de alerta por seca decretada a principios de outubro.