Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores ás 12h recepción a veciños de Versmold no Concello de Tui

8/04/2015

Maña mércores, ás 12h, terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello de Tui unha recepción por parte do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e membros da corporación municipal a unha trintena de veciños de Versmold, localidade alemá coa que Tui está irmandada, que visitan estes días a cidade co gallo das Festas de San Telmo. O sábado viaxará tamén ata  Tui o vicealcalde de Versmold.