Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentarase o programa de actividades das Xornadas Europeas da Cultura Xudía

10/09/2014

 

Mércores, 10 de setembro de 2014. Mañá ás 12.30h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui terá lugar a presentación do programa de actividades que esta fin de semana terán lugar na cidade co gallo da celebración das Xornadas Europeas sobre a cultura xudía.

 

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o historiador tudense Suso Vila e o artista Juan Carlos Vázquez