Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase en Tui o libro “Tierra de leyenda: el legado de Breogán” de Samuel Ferro

26/04/2023

Será mañá ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez

Mañá xoves, 27 de abril, ás 20 h, na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación do libro “Tierra de leyenda: el legado de Breogán” do escritor Samuel Ferro. Trátase dunha novela histórica cuxa trama esta centrada na nosa cidade e doutras localidades do Baixo Miño e sur da actual provincia de Pontevedra no ano 1351.

Samuel Ferro sinala que se trata dunha novela de ficción histórica cun toque de lenda. Está protagonizada por Martín, un mozo sumido na dura vida medieval, que se ve obrigado a sobrevivir fóra da lei. O libro permite mergullarse en distintos lugares do sur de Galicia, entre eles Tui, xunto a diferentes personaxes nunha trama trepidante, chea de intriga, misterio, traizóns, a procura dun legado e até lendas en vida...

Esta actividade forma parte da programación de “Tui en letras 2023”, organizado pola concellería de Ensino e Cultura, que abrangue un total de catorce actos ao longos dos meses de abril, maio e xuño.