Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o I Torneo de Tenis da Eurocidade

16/09/2014

Martes, 16 de setembro de 2014. Mañá mércores, 17 de setembro, ás 11 horas españolas, na sala de reunións da Casa do Concello  de Tui, terá lugar a presentación do I Torneo de Tenis Eurocidade, evento organizado pola Eurocidade Tui-Valença e o Club de Tenis Tui. O torneo desenvolverase entre os días 19 de setembro e 5 de outubro, nas pistas de tenis de Areas en Tui e da piscina municipal de Valença.

Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como o directivo do Club Tenis Tui e director técnico do torneo, Pablo García