Pestanas principais

Mañá sábado celébrase en Tui a segunda proba do Circuíto Galego de Bádminton en Tui

9/02/2018

A cita será no pavillón do IES San Paio dende ás 10h

Mañá sábado, 10 de febreiro, o pavillón do IES San Paio de Tui, será sede da segunda das probas do Circuíto Galego de Bádminton que se celebran en Tui, organizada polo Club Bádminton Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Bádminton.

O campionato comezará as 10.00 horas e, nesta segunda proba, a competición se dividirá en dúas categorías, Sub15 e Absoluta, participando os xogadores e xogadoras tanto en formato individual, como en mixto.

A partir das 21.00 horas, realizarase a entrega dos trofeos aos gañadores de cada unha das categorías.