Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado celébrase un novo Mercado da Verdura no Cárcere Vello en Tui

7/11/2014

 

Venres, 7 de novembro de 2014.  Cabazas, repolos, espinacas, pementos, cebolas, calabacíns, leituga ou garbanzos son algúns dos produtos ecolóxicos de temporada que os consumidores poderán atopar mañá sábado no Mercado da Verdura no cárcere vello de Tui. Ao igual que levan facendo dende o pasado mes de abril os produtores ecolóxicos da zona venderán directamente ao público os seus produtos de 10 a 14h.

 

De forma paralela este sábado, de 11 a 14h, vaise celebrar a segunda parte do obradoiro de Cociña Natural a cargo de Gloria Domec no que os asistentes aprenderán a técnica para converter case calquera cereal ou verdura nunha hamburguesa vexetal sen gluten nin lácteos.

 

O Mercado da Verdura está organizado polo Concello de Tui xunto a APEGA, a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia, e Foro Tude.