Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves mesa redonda “Sexualidade, pornografía e violencia de xénero na adolescencia”

29/11/2023

Será ás 19 h no edificio Francisco Sánchez pechando a programación do 25N

Cunha mesa redonda titulada “Sexualidade, pornografía e violencia de xénero na adolescencia” remata mañá xoves o programa da campaña “Non máis violencia por ser muller” organizada polo Concello de Tui con motivo do 25N.

A cita será ás 19 h no edificio Francisco Sánchez e vai dirixida a familias e profesionais da educación.

Na mesma contarase coa participación de Lucía Pereda Pérez, educadora social e axente de igualdade, Silvia Rodríguez, avogada e especialista en igualdade, e de Pablo Piñeiro, tenente xefe axunto e Carlos Tajes, do equipo VIOXEN da Compañía da Garda Civil de Tui.