Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui recibiu ao xoves deportista Adrián Malheiro<br>O obxectivo deste piloto de 8 anos esta temporada é participar no Mundial de Kart

1/04/2015

 

Mércores, 1 de abril de 2015. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto ao concelleiro de Deportes, Antonio Castro, e o tenente alcalde, José Ángel Villaverde, recibiron hoxe na Casa do Concello ao  xove deportista tudense Adrián Malheiro, que participa no circuíto nacional de Karts e foi nomeado coma piloto rockie do ano.

 

Adrián Malheiro locirá nas súas competición unha nova equipación co logotipo do Concello de Tui coa que foi agasallado pola administración local, amosando así o seu apoio a este deportista. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, felicitou a Adrián Malheiro polo seu traballo e esforzo, así coma aos seus pais pola súa dedicación, salientando que se trata dunha xove promesa do mundo do motor que está xa avalado polos excelentes resultados colleitados ata o momento. O rexedor tudense o animou a continuar nesta liña desexándolle sorte nesta temporada. Ao tempo o puxo coma exemplo de "eurocidadán" xa que posúe a dobre nacionalidade española e portuguesa.

 

O concelleiro de Deportes, Antonio Castro, felicitou tamén a Adrián Malheiro polos éxitos logrados tanto no Campionato Galego de Kart coma no Regional Norte de Portugal.  Precisamente o obxectivo deste xove piloto, da Escudería Team Erizana, é poder volver este ano a competir no Campionato do Mundo de Karts que a finais de ano terá lugar en Portimao en Portugal, para que deberá subirse ao máis alto do podio do circuíto portugués.  O propio Adrián Malheiro facía un chamamento a posibles patrocinadores da súa carreira deportiva dado o elevado custe que ten que afrontar tanto nos adestramentos coma para acudir ás distintas competicións.