Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui resolveu interromper, de forma excepcional, a renovación dos postos no Mercado dos Xoves mentres continúe a investigación xudicial

9/01/2015

Venres, 9 de xaneiro de 2015. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, resolveu interromper, de forma excepcional, o prazo de renovación dos postos de venda ambulante no mercado semanal que se celebra cada xoves na cidade.

O Regulamento Municipal de Venda Ambulante do Concello de Tui, aprobado definitivamente en pleno o 30 de maio de 2013, recolle que os postos deberán contar con autorización municipal cunha vixencia dun ano natural, prorrogable por períodos de igual duración, sendo o prazo para a presentación da documentación do 1 de novembro ao 10 de xaneiro de cada ano. 

Dende o Concello de Tui tendo en conta a incoación das dilixencias de Investigación Penal da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia sobre o conflito entre o colectivo xitano, que está a afectar á ocupación dos postos polos seus titulares durante os últimos meses, acordaron interromper o prazo de renovación de postos mentres dure a investigación xudicial.