Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui reuniuse cos veciños de Areas para trasladarlle os resultados da reunión coa Conselleira de Medio ambiente Ethel Vázquez

26/11/2014

 

Moisés Rodríguez, reuniuse na parroquia de Areas cos distintos colectivos veciñais presentes na Plataforma de Afectados polo Vial Tui-A Guarda e anuncioulles o comezo inmediato das obras

 

Mércores 29 de novembro de 2014. Na tarde de onte o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, mantivo unha reunión con colectivos presentes na Plataforma de Afectados Polo Vial Tui-A Guarda  e veciños da parroquia de Areas, na que lles informou do resultado da súa reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Ethel Váquez, na que se trataron diversas peticións dos veciños en relación coas obras da VAC Tui-A Guarda, en concreto os perigos para os veciños das obras e o mal estado das mesmas.

 

Moisés Rodriguez trasladoulles a intención da Consellería de comezar de xeito inmediato, podería ser a próxima semana, coa reparación dos desperfectos provocados polas obras , a sinalización das mesmas e o valado do perímetro do vial e das zonas que revisten mais perigosidade, do mesmo xeito levaranse a cabo as obras precisas para evitar o asolagamento de algunhas zonas da parroquia cando chove con certa intensidade, canalizando estas augas.

 

Tamén informou o alcalde de Tui da finalización do proxecto de acceso directo o Parque Empresarial, unha demanda que os veciños veñen reclamando dende hai tempo, a redacción deste proxecto esta rematada e a Consellería  a porá en coñecemento do Concello de Tui nos próximos días

 

Esta reunión cos veciños de Areas enmarcase dentro dunha iniciativa do alcalde de Tui para manter reunións con representantes e veciños de todas as parroquias tudenses e que se irán realizando en próximas datas, co fin de coñecer de primeira man os asuntos que máis preocupan os veciños.