Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui salienta que a fronteira converteuse nun elemento de unión no marco das xornadas conmemorativas do 150 anos do Tratado de Lisboa

24/10/2014

 

Xoves, 23 de outubro de 2014. O salón de sesións da Casa do Concello de Tui está a acoller dende primeira hora desta mañá as xornadas conmemorativas do 150 aniversario da sinatura do Tratado de Lisboa baixo  o título de "Fronteiras. Cooperación e conflito no contexto internacional".

 

No acto inaugural, celebrado esta mañá, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou coma a fronteira natural que é o río Miño nesta zona é un elemento de unión, ao tempo que destacaba coma a cooperación transfronteiriza é un feito histórico aludindo ao contrabando de subsistencia que había entre Tui e Valença hai décadas. Hoxe en día insistiu que a fronteira converteuse nun elemento de unión.

 

Logo das conferencias celebradas esta mañá agora pola tarde o tema central é

"Os espazos marítimos xurisdicionais. Un reto á seguridade e desenvolvemento no século XXI" con conferencias a cargo de Antonio Pastor da Universidade Rey Juan Carlos; Rubén Rodríguez Peña, da Armada Española ; un representante da Armada Portuguesa e Juan Antonio Aguilar da Armada Española.

 

O programa retomarase mañá ás 9.30h a cargo de  Rafael García Pérez da Universidade de Santiago que abordará a "A cooperación bilateral nun sistema de relacións multilaterais". Ás 10.30h Federico Aznar Fernández-Montesino, do Instituto Español de Estudos Estratéxicos impartirá conferencia "As Forzas Armadas na construción das relacións internacionais". Ás 12h será a quenda de Paula Godinho da Universidade Nova de Lisboa  quen falará de "O Tratado de Límites de 1864 e as cultura de orla entre Portugal e Galicia".  Unha hora despois Enrique José Varela da Universidade de Vigo falará das "Novas institucionalidades para a cooperación transfronteiriza. Da teoría á práctica".

 

Pola tarde o tema central será "A cooperación transfronteiriza e a asociación entre territorios: realidade e retos". A conferencia "Cooperación Galicia-Norte de Portugal: avances e obstáculos na integración do mercado de traballo" abrirá esta quenda ás 16h a cargo de Flavio Paulo Jorge da Universidade de Minho. Ás 17h María Lois da Universidade Complutense de Madrid falará de "As eurocidades coma exemplos de cooperación transfronteiriza: o caso de Chaves-Verín". Ás 18.30h o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, presentarán a "Eurocidade Tui-Valença". Ás 19.30h terá lugar a clausura destas xornadas.