Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Camiño Portugués elixido coma destino sostible na clasificación Best in Travel 2024 de Lonely Planet

2/11/2023

A prestixiosa editorial de guías de viaxe, Lonely Planet, acaba de facer pública hai uns días a súa décimo novena selección anual Best in Travel, na que figura o Camiño Portugués a Santiago coma un dos cinco destinos sostibles que recomenda.

Lonely Planet identifica as 50 principais cidades, países, rexións, destinos sostibles e con mellor relación calidade-prezo do mundo para visitar o próximo ano. Nesta relación dos Best in Travel 2024 figura o Camiño Portugués que ven definido nos seguintes termos:

Máis que un roteiro de peregrinación, o Camiño Portugués (Caminho Português de Santiago) é unha viaxe panorámica a través de Portugal e España a pé ou en bicicleta. Iglesias románicas, ríos e pobos antigos recibiranche ao longo do carreiro de 620 km que une Lisboa con Santiago de Compostela. Pase a noite en albergues de propiedade local, cee en restaurantes tradicionais e percorra pequenos pobos que tiveron dificultades cando os seus residentes emigraron en masa ás grandes cidades. Reduce a velocidade e goza da paisaxe cambiante mentres te fas amigo doutros viaxeiros ao longo do camiño.

Para a responsable da concellaría de Turismo tudense, Ana María Núñez Álvarez, este inclusión do Camiño Portugués nos Best in Travel 2024 supón un recoñecemento ás potencialidades desta ruta de peregrinación que ten a súa porta de entrada en Galicia pola cidade de Tui. Paralelamente, implica tamén para esta cidade e para todos os axentes implicados na xestión do Camiño Portugués un importante reto para garantir os niveis de calidade e mesmo de excelencia na acollida, hospitalidade e demais servizos que precisan os peregrinos na súa estadía na nosa cidade. Sen dúbida que esta inclusión do Camiño Portugués nos Best in Travel 2024 supón un importante impulso para esta ruta de peregrinación especialmente nos mercados internacionais, favorecendo a chegada de novos peregrinos.