Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui amosa as súas condolencias polo pasamento do exalcalde José Luís Gómez Núñez

4/02/2015

 

Mañá ás 13.30h celebrará un pleno de carácter extraordinario

 

Mércores, 4 de febreiro de 2015. O Concello de Tui  vén de convocar un pleno de carácter extraordinario, para mañá xoves ás 13.30h, no que se someterá a aprobación a adopción do acordo de establecemento dun día de loito oficial polo pasamento do exalcalde José Luís Gómez Núñez aos 74 anos de idade. Dende o Concello de Tui queren expresar as súas condolencias á familia de Gómez Núñez, así coma ao Partido Socialista do que era militante e foi o seu voceiro  municipal.

 

Gómez Núñez foi concelleiro da corporación municipal de Tui ao longo de dúas décadas formando parte das corporacións municipais presididas por Ángel Álvarez Durán, Juan Miguel Diz Guedes, e Miguel Capón Rey, sendo amais tenente alcalde baixou o mandato dos dous primeiros. Exerceu o cargo de alcalde entre o 24 de xaneiro de 1990 e o 15 de xuño de 1991. Formou parte da Unión do Centro Democrático, de Unión Tudense e do Partido Socialista.

 

Tras a súa renuncia coma concelleiro por motivos de saúde no ano 1999 foille concedida a Medalla de Ouro do Concello de Tui.