Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui concedeu máis de 169 mil euros en axudas a 49 entidades deportivas, sociais, educativas e culturais

30/01/2015

 

Xoves, 29 de xaneiro de 2015. O Concello de Tui concedeu 169.354,32€ en concepto de axudas a 49 entidades deportivas, sociais e culturais que exercen a súa actividade no termo municipal tudense e que están inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. A contías concedidas a cada colectivo estaban xa consignadas nos orzamentos municipais de 2014.

 

No eido deportivo a achega de maior importe foi concedida ao Club Kaiak Tudense, 20 mil euros. Por outra parte o Tyde F.C., o Club Balonmán Tui e o Club Baloncesto Tui percibiron cada un 9 mil euros, o Club Remo Tui 8 mil euros e o Club Remo do Miño 6 mil euros.  A achega concedida ao Club Penedo, ao C.D. Ribadelouro, o Club Atletismo Tui foi de 4 mil euros por entidade, mentres que o C.D. Caldelas e o Club Ribex de Patinaxe percibiron cada un 3 mil euros,  A Quinta dos Juapos Tui recibiu 2.500€, o Club Tenis Tui  e o Moto Club Randufe tiveron unha axuda cada un de 2 mil euros, o Club Deportivo Tui Fútbol Sala 1.500€ o mesmo importe que Anda-Tui Rego da Pedra. Amais o Club Ciclista de la Fuente, o MTB Aloia e o Club Náutico San Telmo recibiron cada un 1000 euros, e por último 500€ euros foron concedidos ao Club Tenis de Mesa.

 

Xa en asociacións de carácter social  a Asociación de Familiares do Alzheimer percibiu do Concello de Tui un total de 10.204,32€, mentres que 8.500 euros recibiron as Hermanitas dos Anciáns Desamparados-Residencia San Telmo e 3.500 euros  as Hermanas Clarisas. Amais 6 mil euros foron entregados a Asociación Humanitaria dos Bombeiros Voluntarios de Valença, 3.500€ á Cruz Vermella Portuguesa, 2.500€ a Asociación Asistencias SOS Tomiño-Baixo Miño, e 3 mil o San Xerome, 2.100€ Solidariedade Galega co pobo saharauí, 2000 a Asociación de Discapacitados do Baixo Miño "Vontade, e 1.500€  a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados do Baixo Miño e outros 1.500€ ACEESCA. Amais 1000 euros recibiron a Asociación Española Contra o Cancro no Baixo Miño, a Asociación Avelaíña, a Cruz Vermella Española no Baixo Miño, e a Asociación de Familiares de Nenos Autistas.

 

Por outra parte 10 mil é a cantidade concedida á Entidade Local Menor de Pazos de Reis, 1.500€ ao Liceo Casino de Tui, 1.200€ a Asociación Amigos da Catedral, 1.000€ a Asociación para a recuperación das tradicións populares.

 

Xa no eido educativo recibiron axudas do Concello de Tui cun importe que oscila entre os 3 mil e os mil euros as o CEP de Caldelas, e as ANPAS "As Olivas" do CEIP nº2, Guillarei, Tyde do CRA, Randufe, do Colexio Maristas, O Mencer de Rebodáns, A Porteliña de Pazos de Reis, Diomedes do CEIP nº1, e do IES San Paio.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradece ao tecido asociativo, deportivo e cultura o traballo que realizan ao longo do ano que redunda positivamente na calidade de vida da cidade.