Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui convoca trece prazas de carácter temporal para distintos servizos municipais

6/03/2015

 

Os interesados teñen ata o 18 de marzo para presentar as súas solicitudes

 

Venres, 6 de marzo de 2015. O Concello de Tui abre mañá o prazo para presentar as solicitudes para acceder a unha das trece prazas de traballo temporal que convoca para distintos servizos municipais. Os interesados poden consultar as bases completas de cada praza no taboleiro de anuncios do Concello ou na web www.concellotui.org. Teñen ata o próximo 18 de marzo para presentar as súas solicitudes no Rexistro de Entrada do Concello. En todos os casos a duración máxima do contrato será ata o 31 de decembro deste ano.

 

Por unha banda convócanse cinco prazas de auxiliares administrativos a tempo completo para os departamentos de urbanismo, intervención, biblioteca e  secretaría. Tamén se convoca unha praza de auxiliar administrativo a tempo parcial con 20 horas semanais para a biblioteca.

 

Esta convocatoria de prazas contempla tamén a contratación dun operario de mantemento electricista, un operario para o cemiterio municipal, un peón operario para o Punto Limpo e un encargado de mantemento do Pavillón Municipal. Por outra parte ábrese tamén  o prazo para que presenten as súas solicitudes os interesados en acceder a unha praza de Traballador/a Social e para dous Auxiliares da Policía Local.