Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui convocará un concurso de ideas para o deseño dunha zona verde e aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica cunha área de 5.200 metros cadrados

26/12/2014

 

Martes, 23 de decembro de 2014. O concello de Tui está a ultimar as bases para sacar un concurso de ideas para o deseño dunha zona verde e aparcamento subterráneo na parte traseira da Área Panorámica. Dos 7 mil metros que ten a parcela 1.800 será ocupado polo novo centro de saúde tudense e o resto, 5.200m2  destinarase a zona verde tal e coma está contemplado no PXOM.

 

No subsolo está prevista a construción dun aparcamento soterra, que no seu día sairá a concurso. Un estudio de viabilidade co que contan no Concello recolle un aparcamento de tres andares no que terán cabida preto de 500 prazas de estacionamento.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que a parcela traseira da Área Panorámica conxugará a medio prazo un espazo de servizos co ubicación do novo centro de saúde arestora en construción e que deberá estar rematado dentro dun ano, cunha zona verde para uso e disfrute dos cidadáns co aproveitamento do subsolo cun aparcamento soterrado que no seu día será sacado a concurso.