Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui cumpre con todas as regras impostas polo Ministerio de Facenda e mostra unha excelente situación económica

2/03/2015

 

Así se desprende dos datos da liquidación do exercicio do 2014

 

 

A liquidación do Concello de Tui para o exercicio de 2014 cumpre con tódalas limitacións impostas polo Ministerio de Facenda. Tras a liquidación dese exercicio o Concello mostra bos resultados nos tres apartados nos que fan fincapé a normas do  ministerio: Estabilidade Orzamentaria, Cumprimento da regra de gasto e limitación do endebedamento.

No primeiro dos apartados , estabilidade orzamentaria, presenta capacidade de finaciamento por un importe de 2.689.348.83€. En canto a cumprir coa regra de gasto a cumpre sobradamente cunha marxe de 480.008.47€.

No relativo o endebedamento, o Concello de Tui non ten neste momento débedas con entidades financieinas, a única débeda que neste momento presenta a liquidación do exercicio de 2014 e a que mantén coa Deputación de Pontevedra por un importe de 347.656,66€, cantidade que esta previsto   amortizar anticipadamente en breve prazo de tempo.

 

Ademais dos anteriores datos resultantes da liquidación de 2014, cabe salientar dous datos de gran importancia, mais se cabe na actual situación  de crise que viven a maioría de administracións locais, por un lado o resultado positivo do orzamento por un importe de 1.850.958,73€ e  por outro que presenta un remanente de tesourería de 4.790.626.93€

 

Estes datos veñen a confirmar o rigor na xestión económica do Concello de Tui que cobra mais valor na situación actual, e permite a entidade local afrontar novos investimentos nas próximas semanas

 

O alcalde de Tui Moisés Rodríquez valora moi positivamente estas cifras e asegura que demostra a responsabilidade coa que leva traballando o equipo de goberno e a excelente labor realizada polos técnicos municipais