Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui promove un curso de Deshabituación Tabáquica

2/12/2014

 

Martes, 2 de decembro de 2014. O Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concelleria de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, organiza para o mes de xaneiro un curso de "Deshabituación Tabáquica". Todos aqueles interesados en anotarse poderán facelo achegándose as dependencias de Servicios Sociais ou no teléfono 986603625. O prazo remata o día 9 de xaneiro. Poderán asistir todos os fumadores maiores de 18 anos que queiran deixar de fumar. Este é un programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono.

 

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, probablemente os mércores de 18.30 a 20.00 horas. Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, o curso dará comezo o día 28 de xaneiro. Necesitase un número mínimo de 12 persoas para poder levalo a cabo.

 

Dende a Concellería de Servizos Sociais anímase a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar e non o conseguen, a participar neste curso pois, en palabras da concelleira Olga Montes Moldes, este tipo de terapias que brindan  apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.