Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O CPA Ribex de Tui buscará nos Campionatos de España unha praza para Europa, e Lino Martínez participa no Europeo de Judo

9/03/2018

Avilés e Alcoi acollerán os eventos de grupos show sénior e xuvenil respectivamente de patinaxe

Hoxe venres 9 de marzo, o CPA Ribex de Tui desprazase ata Avilés, para participar no Campionato de España de Patinaxe Artístico de Grupos Show Sénior, que se celebrará nesa localidade asturiana, hoxe venres e mañá sábado 10, no pavillón municipal O Quirinal.

O club tudense enfrontarase aos vintecinco mellores clubs de España, que foron os mellores clasificados nas súas respectivas comunidades autónomas, en busca dunha das catro prazas para o Campionato de Europa.

O CPA Ribex, co baile chamado “MAL AUGURIO”, participará no posto 13, dúas actuacións antes dos Campións do Mundo, o Club Patinaxe Artístico Olot.

E na fin de semana do 24 e 25 de marzo, competirán en Alcoi (Alicante), no pavillón municipal Francisco Laporta, no Campionato de España de Patinaxe Artístico Grupos Show Xuvenil, clasificación acadada no Campionato Galego celebrado en Tui. As tudenses participarán tamén nese día no Trofeo Cidade de Alcoi de Grupos pequenos e grandes.

O Concello de Tui felicita ao CPA Ribex pola súa clasificación nestes Campionatos de España, así como lles desexa moitos éxitos nos mesmos.

O tudense Lino Martínez participa no Campionato de Europa en Xenebra

Por outra parte o tudense Lino Martínez participa esta fin de semana en Xenebra no Campionato de Europa de Judo Tradicional na categoría M6. Buscará revalidar o título logrado o ano pasado.

O Concello de Tui  lle desexa a Lino Martínez moitos éxitos nesta cita europea.