Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O goberno municipal desminte que deixara de gastar 400 mil euros en Servizos Sociais

12/04/2024

Sae ao paso das declaracións realizadas polo Grupo Municipal do Partido Popular

Ante as afirmacións vertidas en prensa polo Grupo Municipal do Partido Popular de Tui no referente a cantidade de 400 mil euros que manifestaron que non se gastara en servicios sociais, o goberno municipal aclara que nada máis lonxe da realidade.

Así por unha banda indica que da cantidade total de 319.801,30 euros, a maior parte, 250.000 euros, corresponden a unha subvención  de carácter  bianual. Esta cantidade solo se pode aplicar e investir neste exercicio 2024, toda vez que necesita de aportación municipal para cumprimentar o orzamento da subvención concedida polo IGVS para o arranxo das vivendas de Caldelas. Dende o goberno municipal lembran que nestas vivendas lévanse investidos nas últimas lexislaturas preto dun millón de euros, tanto en arranxos coma en atender a demandas xudiciais derivadas de problemas tanto da súa compra coma de vicios moi graves na súa construción.

Por outra parte 13.232,15 euros corresponden á asignación para pagar as cotas da Seguridade Social  dunha auxiliar administrativa e unha traballadora social.

Mentres 7.119,86 euros correspondente a transferencias do Pacto de Estado para financiar a  Asesora Xurídica para as vítimas de  violencia de xénero, transferencias que se executan no mes de xuño e non no ano natural, sendo esa a parte que corresponde o ano 2024. Cabe lembrar que ese Servizo foi implementado polo actual Goberno Municipal.

Amais 983,43 euros corresponden a partida de emerxencia social dun total de 15.000 euros, o que significa que por ese concepto se cubriron todas as necesidades durante o ano 2023 e non se pode usar eses 983.43 para outro concepto.

Cómpre aclarar que foi o actual Goberno Municipal o que dignificou o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui, despois de anos de precariedade tanto laboral coma de asignación de recursos co Partido Popular,  contratando dúas novas traballadoras sociais que prestan o seu servizo nestes momentos, incluídas na relación de postos de traballo do Concello de Tui.

Cabe lembrar asemade que tamén se  dotou a  partida orzamentaria de gasto social máis alta da historia para asumir os crecentes custos da asistencia social derivados do envellecemento da poboación, co voto en contra do Partido Popular naquel momento.