Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns comezaron a traballar no Concello 20 persoas en risco de exclusión social grazas a unha subvención da Xunta de Galicia

17/09/2014

 

Mércores, 17 de setembro de 2014. O pasado luns, 15 de setembro, comezaron a traballar no Concello de Tui 20 persoas, perceptoras da Risga cunha antigüidade mínima de 6 meses coma demandante de emprego, grazas a subvención concedida con este obxectivo pola Consellería de Traballo e Benestar   da  Xunta de Galicia. A achega da Xunta ascendeu a 181.479,06€

 

En concreto foron contratados 14 peóns, 4 oficiais de segunda e 2 auxiliares administrativos  cun contrato a tempo parcial de 6 horas diarias por un período de sete meses.