Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes abrirá de novo a Praza de Abastos de Tui tras as obras de reordenación e mellora

29/11/2014

Venres, 28 de novembro de 2014. As praceiras e praceiros tudenses volverán o próximo luns, 1 de decembro, a ocupar os seus postos na Praza de Abastos de Tui tras as obras de reordenación e mellora acometidas nos últimos quince días. Será un día para acondicionar os novos postos e colocar a mercadoría que a partir do martes día 2 estará xa a disposición do público. 

 

A Praza de Abastos reabrirá remozada tras as obras, cun orzamento de  139.207,88€., foron realizadas pola Unión Temporal de Empresas Construcciones Castro Figueiro S.L. – Altrasan S.L.  Consistiron na renovación integral da rede de saneamento e a reposición do chan con firme non esvaradío nun superficie de 950 metros cadrados forman parte destas obras nas que tamén se contempla demolición dos postos centrais existentes para facer bancadas abertas. Tamén se adaptaron os baños para discapacitados, a abríronse dúas novas portas de acceso, e colocáronse portas automáticas para eliminar as correntes. De forma paralela a estas obras levouse a cabo cos praceiros e praceiras unha actividade de Mentoring Comercial que remata no día de hoxe.